mércores, 8 de xaneiro de 2020

Tamar Novas

Tamar Novas é un famoso actor galego nado en Santiago de Compostela o tres de outubro de 1986. En 1998, o director José Luis Cuerda descubriuno cando realizaba un casting en diferentes colexios de Santiago de Compostela. Desta maneira comenzou o xoven actor no mundo do cine, co papel de Roque en "A lingua das bolboretas". No 2004 gañou un Goya mellor actor revelación polo seu papel na película “Mar adentro”. Tamén é moi coñecido por aparecer na serie “Fariña”, no “Ministerio do tempo” e en “7 vidas”. A súa parella actual é Belén Cuesta unha coñecida actriz sevillana.
Resultado de imagen de tamar novas

Deixo o enlace no que poderedes atopar toda a información sobre Tamar Novas.

https://es.wikipedia.org/wiki/Tamar_Novas

Dende o meu punto de vista é un gran actor, a parte de que o podemos ver en diversas series e películas, eu o coñecín grazas a unha serie cómica chamada "Alí abaixo", na que fai o papel dun médico,  aínda sen ser o protagonista adaptouse moi ben ao personaxe e nótase a súa profesionalidade. Se queredes velo nun filme galego recoméndovos "A praia dos afogados" que relata a hitoria na que uns policías tratan de resolver un crime nun pobo galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video 21 días en galego

Xunto o vídeo de 21 días en galego, que subín a uha cinta de Instagram: @hasdecantar https://www.instagram.com/tv/B71n_FsDx3A/?igshid=1m05...