sábado, 11 de xaneiro de 2020

Cantares Galegos

A publicación de Cantares Galegos por Rosalía de Castro foi o 17 de maio de 1863 en Vigo, a data que marca a referencia para a celebración do Día das Letras Galegas. É unha obra que está moi influenciada polas cantigas populares galegas.
Nos poemas desenvólvense temas que reflicten a sociedade rural na que Rosalía viviu. Atópanse poemas costumistas, cun forte carácter descritivo, aínda que tamén hai poemas amorosos, sociais e intimistas. Estes cantares significan o renacemento da literatura galega, a autora dignifica a lingua e mostra que é posible escribir literatura en galego.​​ A autora é a voz lírica da súa patria abandonada. Na obra consérvase un testemuño contra a depresión do pobo co fin de que sexa un orgullo para todos os campesiños e campesiñas, así como un acto de memoria para todos os destinatarios.

Este é un fragmento da obra Cantares Galegos, que deu lugar ao nome do blog:

«Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos».

   «Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

   Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.

   Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.

   Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.

   Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces,
¡que ricas que saben!

   ¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro.

   Canta si queres,
rapaza do demo;
canta si queres,
dareiche un mantelo.

   Canta si queres,
na lengua que eu falo;
dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo.

   Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.

   Co son da gaitiña,
co son do tambor,
che pido que cantes,
meniña, por Dios».


Resultado de imagen de Cantares gallegos

Neste enderezo poderedes atopar mais información a cerca desta obra:
https://es.wikipedia.org/wiki/Cantares_gallegos

Xunto o enderezo no que poderedes atopar a obra completa:
http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/feeda210-82b1-11df-acc7-002185ce6064_2.html#I_2_

Rosalía de Castro paréceme unha muller moi loitadora, era unha muller feminista, pero non só defendía os dereitos das mulleres, defendía tamén os de toda a sociedade e ademáis foi unha das personas que fixo que o galego poidera chegar a todo o mundo. Este libro contén poemas de distintos temas, a maioría son moi
coñecidos, no meu caso o poema "Adiós ríos, adiós fontes"; que pertence a este libro o coñezo dende pequena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video 21 días en galego

Xunto o vídeo de 21 días en galego, que subín a uha cinta de Instagram: @hasdecantar https://www.instagram.com/tv/B71n_FsDx3A/?igshid=1m05...