venres, 10 de xaneiro de 2020

A bica

A “ bica de  Trives” é, a día de hoxe, un dos símbolos deste pobo da provincia de Ourense. Aínda que comparte o seu éxito con outros “ hits” da gastronomía local como son os produtos da matanza, a castaña e os bos viños das variedades mencía e  godello.
Neste pobo cuxo nome completo é “A Pobra de Trives” celebran a última fin de semana de xullo a 
“ Festa dá  Bica de  Trives” celebrando unha comida popular e a consecuente degustación da súa  bica  mantecada.
Esta bica é unha sobremesa marcada por dous dos seus ingredientes imprescindibles: a masa de pan e a manteiga de vaca. Estes achéganlle unha textura consistente, cun sabor inconfundible, e alongan a súa conservación durante 10-12 días en boas condicións.
É tanto o amor que lle temos por estas terras ourensás que nos dan ganas de comela en calquera momento do día: no almorzo, como sobremesa principal ou na sobremesa acompañada dun bo licor-café, á hora da merenda e mesmo pola noite acompañada dun rico vaso de leite.
Podemos acompañala cunha marmelada caseira de amorodo ou  frambuesa. Tamén unha boa maridaxe para esta  bica é un bo licor café que combina á perfección con este tipo de biscoitos  mantecosos.
Xunto a modo de exemplo a receita da miña avoa:

Ingredientes para o  fermento:
250  g de fariña de forza
180  ml de auga
2  g de fermento fresco de panadería
1 Chisco de sal

Preparación:
1.- Mesturamos todos os ingredientes procurando que o fermento se disolva coa auga.
2.- Facemos unha bóla, tapamos con plástico transparente e deixamos repousar polo menos durante unha hora.
3.- O  fermento pesa máis da cantidade que imos utilizar. Podemos gardar o resto para facer pan ou conxelalo mesmo para outro día, xa que só necesitamos 250  g del.

Ingredientes para a masa final de  bica  mantecada:

250  g de manteiga de vaca
400  g de azucre
250  g de  fermento previo
8 Ovos 
Ralladura de 1 limón
250  g de fariña de trigo normal
50  g de azucre + 1 chisco de  canela para  espolvorear

Preparación:
1.-Quentamos o forno a 180º con calor arriba-abaixo sen aire.
2.- Montamos con axuda da batedora a manteiga de vaca co azucre ata conseguir unha crema branca.
3.- Agregamos en anacos pequenos o  fermento que preparamos previamente e con axuda dos ganchos  amasadores da batedora integramos totalmente a masa sen que queden grumos.
4.- Botamos os ovos un a un, esperando que quede completamente desfeito o primeiro antes de botar o seguinte. Engadimos a  ralladura de limón e a fariña  tamizada. Removemos ata ter unha masa homoxénea.
5.- Enchemos o  molde, forrado con papel de forno, coa masa,  alisamos a superficie e  espolvoreamos coa mestura de azucre e  canela.
6.- A metemos no forno durante uns 45-50 minutos ou ata que ao picar a  bica cun escarvadentes, este salga seco.
7.- Deixamos arrefriar completamente sobre unha reixa antes de consumir.
Resultado de imagen de bica de trives


A miña opinión sobre a bica de Trives non pode ser mais positiva. Dende pequena veño degustando este saboroso doce, feito pola miña avoa. Hoxe en día pode mercarse en moitos puntos de venda de toda Galicia, polo que non é preciso trasladarse a Trives para degustalo, aínda que un pobo da fermosura da Pobra de Trives, porta de entrada a Cabeza de Manzaneda, ben merece a visita, sobre todo se é durante a festa da bica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video 21 días en galego

Xunto o vídeo de 21 días en galego, que subín a uha cinta de Instagram: @hasdecantar https://www.instagram.com/tv/B71n_FsDx3A/?igshid=1m05...