Foi o espazo con máis audiencia da TVG nas tempadas 2008-09 e 2009-10, e segundo a tempada anterior, por detrás de Libro de familia. A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, Canal Sur andaluz en castelán, Padre Medina, e o Canal 9 en valencián Senyor retor, dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán.
Esta produción estaba protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote acabado de saír do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1.000 habitantes, en substitución de don Crisanto, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 23 episodios da primeira tempada da serie.
Nesta web poderedes atopar toda a información a cerca da serie e de todas as súas tempadas:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Padre_Casares
Esta serie da TVG, apareceu na televisión cando eu era pequena e lémbrome de vela cos meus avós. Esta é unha serie con certo ton humorístico, que narra a vida de xente dun pobo e os distintos problemas que se lles expoñen. Segundo a miña opinión esta historia engánchache, xa que ao terminar un capítulo quedas coa intriga de que vai ocorrer, porque cada episodio remata con suspense. O meu personaxe favorito é o cura Don Horacio, xa que é un cura diferente e Pedro Alonso interpreta moi ben o papel. Tamén os escenarios resúltanme especialmente familiares pois a vila de Redes esta moi preto do pobo da miña nai, Ares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario