martes, 14 de xaneiro de 2020

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo, do servizo municipal de Museos Científicos Coruñeses, que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.
Situada nun palacete dentro do Parque de Santa Margarida, no interior da Casa das  Ciencias sitúanse catro salas dedicadas a exposicións e un planetario:

  • Na planta baixa destaca o  Péndulo de  Foucault, pero tamén alberga un espazo para unha exposición fotográfica e unha incubadora, onde se poden ver nacer pitos de galiña.
  • A primeira planta contén unha sala de experiencias sobre a contorna física.
  • A segunda planta alberga unha exposición sobre  péndulos.
  • A terceira contén unha exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación.
  • A cúpula  semiesférica do edificio alberga o planetario, que conta cun proxector analóxico e outro dixital.


Co lema "prohibido non tocar", e calificado por  Umberto Eco como o museo máis formidable do mundo, amosa, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados en relación coa observación astronómica.
O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades. Organiza exposicións, conferencias, premios, cursos, proxeccións, edicións, e colabora cos medios de comunicación en tarefas de difusión científica. Tamén participa no desenvolvemento e creación de reunións, foros e congresos. O seu director técnico é Marcos Pérez Maldonado.
Resultado de imagen de casa de las ciencias

Xunto un enderezo no que poderedes atopar a información relacionada cos precios e os contactos.
http://www.turismocoruna.com/web/corTurServer.php?idSecweb=97&idFicha=11&idCategoria=67

Nestas dúas webs podredes atopar toda a información sobre o museo:
http://www.coruna.gal/mc2/es/casa-de-las-ciencias?argIdioma=es
https://es.wikipedia.org/wiki/Casa_de_las_Ciencias_(La_Coru%C3%B1a)

Segundo a miña opinión é un dos mellores museos da Coruña xunto coa Domus, xa que son un tipo de museos diferentes, nos que podes participar durante a visita en varios dos proxectos que están expostos. Unha das exposicións que me chamaron a atención, foi a incubadora de  pitiños que nos atopamos na entrada.Con todo para min, o principal atractivo é o planetario que se atopa na planta de superior. Na Coruña este museo é unha visita obrigada,  é raro o cativo ou cativa que non  foi de excursión co colexio a este museo interactivo. Tamén é un museo que organiza diversos proxectos divulgativos como o de "Ciencia na rúa" do que falarei nunha próxima publicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video 21 días en galego

Xunto o vídeo de 21 días en galego, que subín a uha cinta de Instagram: @hasdecantar https://www.instagram.com/tv/B71n_FsDx3A/?igshid=1m05...