domingo, 19 de xaneiro de 2020

Mosteiro de Sobrado dos Monxes

O mosteiro de Santa María de Sobrado é un mosteiro español de fundación medieval que se atopa situado en Sobrado (A Coruña), Galicia. É tamén coñecido como mosteiro de Sobrado dos Monxes.
O mosteiro foi fundado no ano 952 por Hermenegildo  Alóitez, conde de Présaras, e a súa esposa a condesa Paterna  Gundesíndez, quen en 958 traspasaron o condado ao mosteiro e nese mesmo ano, o conde retirouse e faleceu aí antes de decembro de 966.​ Aparece citado xa en documentos de finais do século X, co nome de San Salvador. A historia dos 150 primeiros anos de vida do mosteiro non está suficientemente estudada; sabemos que a principios do século  XII o mosteiro atópase abandonado. O mosteiro foi herdado polos descendentes dos fundadores, membros da Casa de Traba, e case dous séculos despois, en xaneiro de 1142, dous dos personaxes máis destacados desta liñaxe, Fernando e o seu irmán  Bermudo Pérez de Traba, entregaron o mosteiro aos monxes  cistercienses. Foi entón cando San Bernardo de  Claraval envía desde a Abadía de  Claraval, en Francia, de onde é abade, unha comunidade de monxes. Así, o 14 de febreiro de 1142, comeza en Santa María de Sobrado a vida  monástica  cisterciense.
Durante o resto do século  XII e o século  XIII o mosteiro desenvolve unha gran actividade espiritual e económica. Despois, como a maioría dos mosteiros de España e Europa, coñece unha etapa de decadencia que se detén no ano 1498 ao incorporarse á congregación de San Bernardo de Castela da orde do  Císter. O mosteiro recupera gran parte da súa grandeza; a maioría dos edificios que actualmente se conservan comezan a construírse a partir desta nova época. A monumental igrexa termínase a finais do século  XVII e no ano 1708 consagrouse solemnemente.

Resultado de imagen de monasterio sobrado de los monjes


Ligazón 
https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Sobrado

O mosteiro de Sobrado dos Monxes, é un bonito monumento histórico, o que máis me gusta é a súa contorna no que podemos atopar a Lagoa de Sobrado; que foi creada polos monxes do mosteiro para abastecerse de peixe e de auga. Outro lugar con moita historia próximo a este mosteiro é o asentamento romano de  Ciadella, aínda que non sexa moi coñecido é digno de visitar e sobre todo se che gusta a historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video 21 días en galego

Xunto o vídeo de 21 días en galego, que subín a uha cinta de Instagram: @hasdecantar https://www.instagram.com/tv/B71n_FsDx3A/?igshid=1m05...