xoves, 23 de xaneiro de 2020

Contaminación mariña



Debido á inmensidade e profundidade dos océanos, ata hai pouco o home cría que podería utilizalos para  verter lixo e substancias químicas en cantidades ilimitadas sen que isto tivese consecuencias importantes. Os partidarios de continuar coas verteduras nos océanos mesmo tiñan un slogan: «A solución á contaminación é a  dilución.»
Na actualidade, basta con fixarse na zona morta do tamaño do estado de Nova Jersey que se forma cada verán no delta do río  Mississippi, ou na extensión de 1.600 quilómetros de plástico en descomposición no Pacífico Norte para darse conta de que esta política da « dilución» contribuíu a levar ao bordo do colapso o que tempo atrás foi un ecosistema oceánico próspero.

Diversas formas de contaminación

Existen probas de que os océanos sufriron a mans do home durante miles de anos, desde a época romana. Con todo, os estudos levados a cabo recentemente demostran que a degradación, especialmente nas zonas costeiras, acelerouse notablemente no últimos tres séculos a medida que aumentaron as verteduras industriais e a  escorrentía procedente de explotacións agrarias e cidades costeiras.
A contaminación é a introdución de contaminantes nocivos que non son habituais nun ecosistema determinado. Algúns dos contaminantes máis comúns derivados da actividade humana son os praguicidas, herbicidas, fertilizantes químicos, deterxentes, hidrocarburos, augas residuais, plásticos e outros sólidos. Moitos destes contaminantes acumúlanse nas profundidades do océano, onde son inxeridos por pequenos organismos mariños a través dos cales se introducen na cadea alimentaria global. Os científicos mesmo descubriron que os medicamentos que inxere o home e que non chegan a ser procesados completamente polo seu organismo acaban no peixe que comemos.
Moitos dos contaminantes que atopamos nos océanos son liberados no medio ambiente moito antes de chegar ás costas. Os fertilizantes ricos en nitróxeno que utilizan os produtores agrícolas en zonas de interior, por exemplo, acaban nas correntes, ríos e augas subterráneas locais, e máis tarde deposítanse nos estuarios, baías e deltas. Este exceso de nutrientes pode provocar un crecemento masivo de algas que consomen o osíxeno da auga, xerando zonas nas que non pode haber vida mariña ou apenas existe. Os científicos descubriron 400 zonas mortas con estas características por todo o planeta.
Os residuos sólidos como bolsas, escuma e outros refugallos vertidos nos océanos desde terra ou desde barcos no mar acaban sendo con frecuencia alimento de mamíferos mariños, peces e aves que os confunden con comida, con consecuencias a miúdo desastrosas. As redes de pesca abandonadas permanecen á deriva durante anos, e moitos peixes e mamíferos acaban enredados nelas. Nalgunhas rexións, as correntes oceánicas arrastran billóns de obxectos de plástico en descomposición e outros residuos ata formar remuíños xigantescos de lixo. Un deles, situado no Pacífico setentrional e coñecido como o Gran Parche de Lixo do Pacífico, ten unha extensión que segundo as estimacións levadas a cabo duplica a do estado de  Texas. A principios de 2010, descubriuse outra xigantesca illa de lixo no océano Atlántico.
Resultado de imagen de contaminacion de mares y oceanos

Neste enderezo atoparedes moita información sobre este grave problema:
https://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/la-contaminacion-marina

A contaminación mariña é un grave problema da actualidade, a causa deles é que durante moitos anos os humanos crían que non pasaba nada por tirar cousas ao mar, e cando se empezaron a coñecer estas consecuencias tampouco se tomaron medidas drásticas. Hoxe en día están a morrer moitas especies acuáticas, ou ben por  afogamento por un plástico, por inxerir  microplásticos... Pero estes  microplásticos chegan a nós ao inxerir o peixe. Temos que ter coidado con este problema, xa que todo o planeta está en perigo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video 21 días en galego

Xunto o vídeo de 21 días en galego, que subín a uha cinta de Instagram: @hasdecantar https://www.instagram.com/tv/B71n_FsDx3A/?igshid=1m05...